logo EDA
Navbar
  • Aula
  • Campus
  • Conversas dixitais
  • Es de Libro
  • Taller
  • Outros Recursos
    • #RetoEDA
    • Guías de propiedade intelectual
    • Seminarios web
imagen-blog
  1. comezo
  2. Blog
  3. Artigo

Blog

Educar no respecto á propiedade intelectual, un paso imprescindíbel para unha sociedade máis xusta e libre

18/05/2026

Cando un neno ou unha nena escribe una redacción ou bosquexa un debuxo na escola e o comparte con orgullo cos seus compañeiros está reivindicando, sen o saber, o seu recoñecemento como creador. E é precisamente nese ámbito, o escolar, onde debe comezar a formarse no respecto á propiedade intelectual. 

É importante que os escolares entendan desde o principio da súa educación que detrás de calquera obra, sexa unha novela, unha poesía, un cadro, unha composición musical ou unha fotografía, está o esforzo dun ou varios creadores que deben ser recoñecidos polo seu traballo. Isto é un paso esencial para garantir a continuidade da creación cultural. Trátase da educación en dereitos de autor na aula. 

O informe da UNESCO A educación encerra un tesouro, publicado en 1996 e coordinado por Jacques Delors, estabelece entre as súas recomendacións ensinar valores cívicos e éticos, e fomentar o pensamento crítico. Aínda que a priori non o pareza, ambas as dúas recomendacións están intimamente relacionadas. O respecto aos dereitos de autor é un valor cívico e ético fundamental e, sen el, desaparecería a diversidade cultural e, por tanto, o pensamento crítico. 

A educación en valores significa transcender o ensino e a adquisición de coñecementos para estabelecer obxectivos no ámbito moral e cívico que permitan formar cidadáns e cidadás responsábeis. Trátase de formar o alumnado en dereitos humanos, tolerancia e convivencia, participación e responsabilidade, solidariedade e xustiza, sustentabilidade e desenvolvemento persoal. 

  • Tolerancia e convivencia. Educar no respecto aos dereitos de autor ten moito que ver con estes valores, pois implica ensinar a valorar o traballo alleo e a autoría das obras. Ademais, sen propiedade intelectual, debilitaríase a diversidade cultural, a liberdade de pensamento e a convivencia democrática. 
  • Participación e responsabilidade. Respectar a autoría dunha obra é un exercicio de responsabilidade cidadá, pois comporta asumir as obrigas derivadas do consumo cultural. Quen goza dunha obra ten unha responsabilidade cara a quen a creou. 
  • Solidariedade, xustiza e sustentabilidade. A propiedade intelectual é, en esencia, unha cuestión de xustiza, que consiste en remunerar ao creador polo seu esforzo. Sen esa compensación, periga a sustentabilidade da cultura, un dos piares da nosa sociedade libre e democrática. Protexer os creadores de hoxe é tamén un exercicio de solidariedade coas xeracións futuras, xa que garante o acervo cultural. 
  • Desenvolvemento persoal. Educar en propiedade intelectual ensina ao alumnado que as súas creacións teñen un valor, o que contribúe ao desenvolvemento da súa autoestima. 

Educar en propiedade intelectual é, en definitiva, formar cidadáns culturalmente comprometidos e fomentar todos estes valores que o informe de Delors defende inculcar na escola. É asegurar a continuidade da creación cultural, piar fundamental da nosa sociedade libre e democrática. É, tamén, un mecanismo de defensa diante dos retos derivados da expansión da intelixencia artificial.

Habilidades dixitais

  • Estudantes
  • Profesores
  • Escolas

Alfabetización mediática

  • Estudantes
  • Profesores
  • Escolas

Dereitos de autor

  • Estudantes
  • Profesores
  • Escolas

Lecturas

  • Primaria
  • Secundaria
  • Bacharelato
  • Universidade
logo-footer
logo-Ministerio- Educaci
logo-nextgenerationEU
logo-plan-recup-GALLE

2026 © Centro Español de Derechos Reprográficos

  • Mapa Web
  • Aviso Legal
  • Política de privacidade
  • Política de cookies