O un de xaneiro é unha data chave no mundo da cultura escrita, xa que é o día en que, cada ano, algunhas obras escritas mudan de status e pasan a ser do dominio público, quer dicir, poden ser reproducidas sen autorización dos seus autores ou editores.
Entender como funciona o ciclo legal das obras escritas é esencial para actuar correctamente cando necesitamos fotocopialas, utilizalas para traballos e teses ou, por exemplo, usalas nunha presentación.
A regra que rexe este ciclo legal é sinxela, mais hai que coñecer polo miúdo algúns aspectos para sabermos exactamente cando a reutilización dunha obra precisa da autorización do seu autor ou, pola contra, é de dominio público e pode reproducirse libremente.
A limitación no tempo do dereito de autor busca equilibrar dous obxectivos. Por unha banda, a xusta remuneración de autores e editores e, por outra, garantir o dereito á cultura, recollido na Constitución Española.
Se as obras estivesen protexidas de por vida, por exemplo, xeración tras xeración, habería que ter solicitado unha autorización aos herdeiros dos herdeiros de Miguel de Cervantes para editar o Quixote, levalo ao cine, ao teatro ou reproducilo na aula para comentalo.
Para garantir o acceso a esa cultura, a Lei prevé un prazo de varias décadas, dependendo das situacións, durante as que a explotación de dereitos pertence ao autor e, despois da súa morte, aos seus herdeiros. Expirado ese tempo, a obra pasa a poder ser usada libremente, quer dicir, ao dominio público.
A Lei de Propiedade Intelectual estabelece a duración dos dereitos de explotación das obras escritas partindo da data de pasamento do autor, mais non se contan desde a data mesma de falecemento, senón desde o un de xaneiro do ano seguinte a este ou á publicación da obra.
Esta é a razón pola que o primeiro día de cada ano se estrea o dominio público dun grupo importante de obras. É moi importante termos en conta que, aínda que exista este prazo para os dereitos explotación, os dereitos morais do autor son permanentes.
A regra xeral é que os dereitos patrimoniais do autor se alonguen até 70 anos despois da súa morte
A regra xeral en España é que os dereitos patrimoniais do autor se alonguen até 70 años despois da súa morte.
Por exemplo, as obras dunha escritora falecida en xuño de 2024 estarán protexidas até o 31 de decembro de 2094 e o un de xaneiro de 2095 poderán ser reproducidas e utilizadas sen autorización, debendo respectar tanto o recoñecemento da autoría como a integridade das obras
Existen algúns casos en que é importante saber como se aplica a regra.

En España, existe unha excepción histórica ao prazo de 70 anos de protección que alonga a protección de moitas das obras escritas no século pasado e que se aplica á creación dos autores falecidos antes do 7 de decembro de 1987. Para todas elas, o prazo prolóngase até os 80 anos desde o pasamento do seu autor. Tamén se aplica a autores e obras internacionais.
Obras como La casa de Bernarda Alba e todas as do poeta Federico García Lorca, falecido en 1936, non entraron, por tanto, no dominio público até o ano 2017. Pola aplicación desta norma, dáse a curiosa circunstancia de que as obras dalgúns autores europeos pasan ao dominio público nos seus países e en España continúan protexidas por esta excepción lexislativa.
É importante lembrar esta excepción e termos en conta que a regra de referencia sempre é a do territorio en que se vai utilizar a obra.
Cando unha obra pasa ao dominio público pode ser utilizada por calquera, sen autorización do seu autor ou editor, sempre que se mencione a autoría e se respecte a súa integridade
Cando unha obra pasa ao dominio público pode ser utilizada por calquera, sen autorización do seu autor ou editor, sempre que se mencione a autoría e se respecte a súa integridade.
Por exemplo, un centro educativo pode reproducir, distribuír, representar, traducir, adaptar, dixitalizar e publicar unha obra que é de dominio público sen pedir autorización e tamén sen ter que afrontar remuneración algunha. O departamento de Literatura dun colexio pode preparar unha antoloxía de Antonio Machado, imprimila e distribuíla entre os seus alumnos libremente.
Porén, isto non afecta ao vínculo entre a obra e o seu autor, porque os dereitos morais non expiran cos patrimoniais.
Que unha obra sexa de dominio público significa que se pode reproducir libremente, mais sobreviven dúas obrigas que non teñen caducidade, nacidas dos dereitos morais irrenunciábeis do autor que mencionabamos
Outra das cuestións que se debe ter en conta é que, aínda que unha obra clásica pode ser de uso libre, a súa tradución, as notas que a acompañan e o deseño da edición poden seguir protexidos. O artigo 11 da Lei de Propiedade Intelectual estabelece que traducións, adaptacións, revisións, compendios e resumos dunha obra contan coa súa propia protección, aínda que a obra orixinal xa for de dominio público. Esta protección afecta tamén ao deseño tipográfico, a maquetaxe e composición da edición.
Por tanto, é útil que antes de reutilizar un texto nos formulemos as seguintes cuestións:
Se queres saber máis sobre os prazos do dereito de autor e como aplicalos, CEDRO pon á túa disposición recursos formativos sobre dereitos de autor da Escola do Dereito de Autor.