A Comisión Europea aprobou a Lei EU KIDS ACT para promover un medio dixital seguro para os menores. A principal medida comporta a prohibición de acceso por parte das plataformas de redes sociais aos menores de 13 anos, exixindo, ademais, ás empresas tecnolóxicas que demostren que os seus servizos son seguros para a xuventude.
A proposta presentouse o 17 de setembro tanto ao Parlamento Europeo como ao Consello e debe iniciar o seu trámite lexislativo até a súa adopción. A normativa artéllase en dous piares fundamentais: prohibición por idade e medidas de seguridade.
Os nenos e nenas de até 13 anos non poderán acceder por si mesmos aos perfís sociais, sacado aos contidos creados especialmente para eles a través das contas dos seus titores. Para iso, prevese que as plataformas permitan aos pais, nais ou titores configuraren nos seus dispositivos facilmente os accesos non permitidos, á vez que se limite a exposición do menor a unha hora ao día.
Porén, os menores de entre 13 e 15 anos si poderán crear contas de usuario mediante o control parental, que terán vídeos axeitados á súa idade, un número determinado de contactos e tamén a limitación dunha hora de uso ao día como máximo.
A creación dunha conta autónoma só se permitirá a partir dos 15 anos.
As tecnolóxicas deberán utilizar ferramentas de verificación da idade e, unha vez se tivese creado unha conta, confirmar a idade do usuario, tanto das xa existentes como das novas.
Todos os provedores que ofrezan contidos a menores de 18 anos –tales como redes sociais, vídeos, videoxogos, chatbots– terán prohibido utilizar estratexias nocivas e adictivas como:
Neste sentido, os perfís dos menores serán privados por defecto con xeolocalización, cámara e micrófono desactivados.
Por defecto, serán os provedores de servizos quen deben garantir que as súas plataformas son seguras, por exemplo, no deseño. A Unión Europea exixiralles que presenten un plan de cumprimento tanto á Comisión –quen poderá pedir medidas correctoras adicionais– como a un auditor externo.
Ursula von der Leyen, presidenta de la Comisión Europea
«Actualmente, nuestros menores interactúan con las tecnologías más sofisticadas jamás creadas. Tecnología que no se creó teniendo en cuenta su bienestar. Nuestra EU KIDS ACT invierte la carga de la prueba: corresponde a las plataformas demostrar que son seguras desde el diseño. Y devolvemos el control a los progenitores, proporcionándoles las herramientas necesarias para ayudar a sus hijos e hijas a navegar por un mundo en línea más seguro».
A normativa europea parte dun consenso xeneralizado sobre a necesidade de protección dos menores e a mocidade en Internet, xa que segundo o Eurobarómetro especial sobre a Década Dixital de 2026, o 96 % dos europeos considérao unha prioridade.
Como complemento á mellora real dos servizos dixitais que frecuenta a mocidade, hai outras alternativas que se poden aplicar nas contornas escolares e familiares. Conversas dixitais en familia é unha iniciativa educativa de CEDRO, pertencente á Escola do Dereito de Autor, que pretende dotar a nenos, nenas e xoves de competencias dixitais, así como axudalos a entender como funciona o mundo dixital para alcanzar un equilibrio entre este e o analóxico.
Por unha banda, encóntranse os xogos e vídeos para traballar cos máis pequenos a orixe de Internet, a súa finalidade e a importancia de crear un espazo de refuxio individual. Por outra banda, mocidade e maiores poden seguir as Guías de conversa para promoveren conversas en que uns e outros compartan experiencias e debatan sobre privacidade ou límites.
Calquera usuario pode rexistrarse para superar a formación en liña e obter o «Certificado de Mediador Dixital» que recoñece o seu papel como cidadán responsábel e referente na súa contorna en hábitos saudábeis en liña.